Google+ Benvidos a Pía Paxaro

  • EspaolspanishformalInternacional
  • Galego
Inicio

Bosques do Courel

Se algo caracteriza ó Courel é a riqueza e a beleza dos seus bosques. Nas súas 25.000 Ha e influenciado polas suas... Ler máis
 

E no verán, tódolos días de ruta!  Infórmate!

Pobos do Courel

A  bisbarra do Courel, situada principalmente  nos concellos de Folgoso do Courel, Pedrafita do Cebreiro e Quiroga... Ler máis.
 
                                                                                                                    

 

  
 

Benvidos a Pía Paxaro

Pía Paxaro adícase a organizar actividades de tempo libre na natureza na Serra do Courel. O noso obxectivo e dar a coñecer toda a bisbarra, amosando a súa extraordinaria riqueza paisaxística, botánica, faunística e etnográfica, por medio de rotas accesibles a tódalas persoas que queiran coñecer un pouco máis desta maravillosa paraxe.

Connosco poderás facer, por exemplo, roteiros de sendeirismo cun guía que che explique o que estás a ver, aprender a distinguir árbores, a facer fotos dunha flor ou un paxaro, ver funcionar un tear ou un forno de pan ou degustar o mel e o aceite que se elaboran na comarca… E se prefires saír so, alugar unha bicicleta, uns prismáticos ou unha guía de campo.


Ademais axudarésmoste a atopa-la casa rural dos teus soños onde descansar ou simplemente probar uns ovos fritidos con castañas.

Non esquezas visita-la nosa axenda para sabe-lo que estamos a programar .

Calqueira actividade que che apeteza, non tes máis que propoñérnola



XORNADAS MICOLOXICAS BECERREA

Pía Paxaro

O Pía Paxaro é un dos montes máis sobranceiros desta serra. Cos seus máis de 1.600 metros, foi punto de paso inexcusable
 pra tódolos habitantes da comarca. Nós queremos rendir homenaxe a esta emblemática montaña hoxe alterada pola man do home.