Google+ Identificación de aves en Ancares: 10 e 11 de Setembro

Inicio  //  Axenda  //  Identificación de aves en Ancares: 10 e 11 de Setembro

Identificación de aves en Ancares: 10 e 11 de Setembro

 

Xa no principio da primaveira pasada, cando desenvolvemos un taller adicado á identificación de aves polo seu canto en O Caurel, informamos de que no verán plantexariamos un taller semellante para que puidesedes complementar ou reforza-los coñecementos adquiridos coa chegada das especies estivais ( ou, simplemente, introducirvos por primeira vez neste apaixoante mundo).

Pois ben, ese momento chegou, e nesta ocasión será na outra serra oriental: Os Ancares, zona ZEPA na que desenvolverémo-la parte práctica con rutas e paraíso interior para os amantes da ornitoloxía.

Dirixidos polo noso habitual colaborador, o naturalista e ornitólogo Carlos Pereira, non só aprenderemos a identificar aves polo seu canto, senón tamén polo seu xeito de voar, silueta ou plumaxe.

Carlos leva máis de 25 anos traballando en diversos eidos relacionados coa natureza ( herpetoloxía, entomoloxía, estudos de comportamento de mamíferos,...), sendo na ornitoloxía onde escomezou a súa afición polo mundo natural; non en van, durante unha longa estancia no Parque Nacional de Doñana, colaborou co CSIC na elaboración de censos de aves acuáticas, rapaces e paseriformes, ademais de formar parte do equipo que realizou o Atlas Das Aves Reproductoras da Península Ibérica.

Hoxe en día segue amosando todo o seu traballo en diversos blogs (   http://elaniorapaz.blogspot.com.es/  ou http://lepsapolo.blogspot.com.es/ , por exemplo), así como adicándose a dar charlas ou organizar saídas como ésta que nos ocupa.

Para levar a cabo o taller, contaremos de novo coa colaboura de Findes Nos Ancares Galegos, de Becerreá (www.facebook.com/pages/Findes-nos-Ancares-galegos/1414310955477323.), que cederá ó seu salón para a parte teórica, ademais de facer precios especiais para os que querades aloxarvos no seu estabrecemento durante eses días.

Becerreá, a media distancia entre as dúas máxicas Serras orientais, será así o epicentro da nosa aventura.

Desenvolvemento:

Sábado 10:

 

-9:45h.: Reunión no Bar “O Catro de Anovello” r/Anovello, 4, Becerreá.

-10:00h.: Pequena clase teórica, no salón de “Os Ancares”.

-12:00h. Ruta por Ancares: o desprazamento, dende Becerreá, será en coches particulares ( aproximadamente 30 min.).

-19:30h.: Resolución de dúbidas na aula.

-21:30h.: cea de grupo*

Domingo 11:

 

-9:30h.: Reunión no “Catro de Anovello”

-10:30h.: Ruta por Ancares. Desprazamento en coches particulares dende Becerreá.

-15:30h.: Xantar de grupo*.

-17:00h.: Últimas cuestións.

PRECIO E XEITO DE PAGAMENTO

Xornadas taller: 24€/persoa

(menores de 12 anos: 15€)

Para vos inscribir nas actividades ou realizar calqueira pregunta (sen compromiso), podedes contactar connosco por email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , indicando nome e nº de teléfono, ou ben chamando ó: 687001304 (Marcos).

O pagamento da cuota de matriculación se fará “in situ”, no momento no que se inicien as actividades.

As prazas son limitadas e por orde de matriculación.

*: Tanto a cea do sábado coma  o xantar do domingo son voluntarios, e se pagarán no mesmo restaurante. No momento de formaliza-la reserva agradeceriamos que nos indicasedes se estades interesados en apuntarvos ós mesmos, para poder reserva-las prazas nos restautantes respectivos.

Aloxamento:

O estabrecemento hoteleiro oficial das Xornadas é “Os Ancares” , que recentemente abriu as súas portas en Becerreá, que nos cederá o seu salón para o desenvolvemento das mesmas.

Para os que se anoten ás rutas, este estabrecemento fará descontos especiais:

-Dúas noites en habitación dobre ou de matrimonio:  35€/ habitación e noite.

-Dúas noites en habitación individual: 25€/noite.

-Unha noite en habitación de matrimonio: 45€.

Para a xente que durma xa o venres en “Os Ancares”, habería a posibilidade de facer unha cea conxunta nese día; ademais, faremos unha charla de presentación do Taller e mais das actividades que imos desenvolver.

Se queredes coñecer máis detalles dos descontos, non tedes máis que chamar ó  610449673 (Agustín) ou contactar con eles a través de Facebook:  www.facebook.com/pages/Findes-nos-Ancares-galegos/1414310955477323.

http://findesnosancaresgalegos.weebly.com/

e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

IMPRESCINDIBLE:

-Calzado e roupa adoitados

-Bocadillo, froita, auga,... para a saída do sábado 10.

-Prismáticos ou semellante, os que dispoñades dos mesmos.

.

Contacto:

Para calqueira tema non dubidedes en poñervos en contacto connosco sen compromiso: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou 687001304.

Informáticos en Galicia Guia sobre o Courel Móviles en oferta Guia sobre o Courel