Google+ IV Xornadas Micolóxicas en O Caurel

Inicio  //  Axenda  //  IV Xornadas Micolóxicas en O Caurel

IV Xornadas Micolóxicas en O Caurel

Outro ano máis, e coa colaboura da Asociación Micolóxica “Os Cogordos” de Ourense (www.oscogordos.com), aproveiterémo-lo final do mes de Outubro para dar a coñece-la riqueza micolóxica desta Serra e, coma non, para realizar algún roteiro por estas paraxes e mergullarnos de pleno na riqueza culinaria da zona.

Desta volta, e para un mellor desenvolvemento das actvidades,  limitámo-lo el número de prazas, así que non deixedes de vos anotar.

As actividades destas IV Xornadas Micolóxicas desenvolveránse os días 22 e 23 de Outubro polos arredores de Seoane do Courel, seguindo estes horarios:

Sábado, 22 de Outubro:

-10:00h.: Reunión no Café-Bar Pombo, na entrada de Seoane. Presentación dos grupos para a saída ó campo ( éstes serán de ó redor de 20 personas por monitor).

-10:15h.: Saída ó campo na precura dos cogumelos. Faremos unha ruta duns 3-4 Km., accesible a todo o mundo, e cunha parada no medio para xantar de campo.

-16:00h.(aprox.): Reunión de tódolos grupos en Seoane para a explicación das especies que non se puidesen identificar no campo, realización de preguntas ós monitores, consultas, dúbidas, etc.

-18:00h.(aprox.). Degustación dos cogumelos recollidos*.

-21:00h.(aprox.): Cea tradicional en Paderne**. Para esta cea contamos coa colaboración de Casa Caselo (www.casacaselo.com) e Casa As Triegas (www.astriegas.com). En ámbalas dúas Casas o menú incluirá productos caseiros e carnes da zona, ademais de bebidas, postres, café,... En definitiva, dous menús de luxo e, sobor de todo, de sabor. O precio desta cea será de 14€/persona ( 9€ os nenos ata 12 anos).

Domingo, 23 de Outubro:

-10:30h.: Reunión no Café-Bar Pombo.

-10:45h.: Realización dunha ruta, dirixida por Pía Paxaro (www.piapaxaro.com), na que poderemos comproba-los coñecementos adquiridos o día anterior, así coma recoller algún cogumelo para levar ás nosas casas. Ademais, claro é, aprenderemos algo dos bosques, prantas e etnografía destas montañas. A ruta será de 6-7 Km.e tamém apta para tódolos públicos ( no que a dificultade se refire).

-14:00h.(aprox.): Fin das Xornadas.

PRECIO E XEITO DE PAGAMENTO

Xornadas: 15€/persoa

(menores de 12 anos: 6€)

Para vos inscribir nas actividades ou realizar calqueira pregunta (sen compromiso), podedes contactar connosco por email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , indicando nome e nº de teléfono, ou ben chamando ó: 687001304 (Marcos).

O xeito de pagamento é por ingreso ou transferencia bancaria do importe íntegro na conta de Abanca nº:

ES52 2080 5025 3330 0017 0056        Titular: Marcos Reinoso Domínguez

Reflectindo no concepto “Xornadas Micolóxicas” , así coma o nome do matriculado.

As prazas son limitadas e por orde de matriculación.

*: A degustación dos cogomelos farémola no Café-Bar Anduriña, de Seoane. As bebidas que se consuman non están incluídas no prezo das Xornadas. Tódolos cogomelos que se consuman durante a mesma serán comestibles de boa calidade; os organizadores declinarán calqueira responsabilidade  no caso de que algún dos participantes sexa alérxico ou intolerante a algunha delas.

**: Tanto a cea do sábado coma  o xantar do domingo son voluntarios, e se pagarán no mesmo restaurante. No momento de formaliza-la reserva agradeceriamos que nos indicasedes se estades interesados en apuntarvos ós mesmos, para poder reserva-las prazas nos restautantes respectivos.

ALOXAMENTO:

Na zona hai numerosas posibilidades de aloxamento; todos estes enlaces están na nosa web. Inda así, para calqueira dúbida sobre ubicación, precios,... contactade connosco vía email ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) ou móbil (687001304).

IMPRESCINDIBLE:

-Cesta de bimbio e navalla

-Calzado adecuado

-Roupa de abrigo e/ou auga

-Bocadillo, froita, auga,... para a saída do sábado 22.

-Chaleco reflectante ( recomendable).

E, para os que, por calquiera cousa non vos podedes apuntar nestas Xornadas, adiantarvos que os días 19 e 20 de Novembro teredes unha nova oportunidade coas I Xornadas Micolóxicas de Becerreá, que organizamos conxuntamente con Findes nos Ancares Galegos (www.facebook.com/pages/Findes-nos-Ancares-galegos/1414310955477323) e nas que contaremos coa sabia colaboración do micólogo José Castro ( membro fundador da Sociedade Micolóxica Lucus). En breve subiremos toda a información desta actividade.