Google+ Identificación de aves en Ancares, 16 e 17 de Setembro

Inicio  //  Axenda  //  Identificación de aves en Ancares, 16 e 17 de Setembro

Identificación de aves en Ancares, 16 e 17 de Setembro

Por segundo ano consecutivo rematarémo-las actividades do verán identificando e descubrindo segretos das aves que habitan nas montañas do Leste de Lugo.

Así, os días 16 e 17 de Setembro, dirixidos polo biólogo e ornitólogo Diego Rodríguez Vieites,  adentrarémosnos  nalgunha das rutas máis fermosas da Serra de Ancares para intentar coñecer un chisco máis das aves e mais dos distintos hábitats nos que éstas se topan.

Diego Rodríguez é un biólogo vigués que leva máis de 20 anos traballando no estudo e divulgación non só das aves e mailos seus comportamentos, senón tamén dos seus hábitats. Non en van, xa en 1995 recibiu o Premio Salvatore Bongiorno ó “Ornitólogo Galego do ano”, outorgado polo Anuario das Aves de Galicia. Durante todos estes anos vén traballando na elaboración de distintos censos de aves para diversas institucións, ademais de publicar numerosos traballos e impartir cursos  e obradoiros relacionados non só coa ornitoloxía, senón tamén coa herpetoloxía ou o medio natural en xeral..

Durante o desenvolvemento do Obradoiro, Diego ensinarános a identifica-las aves pola súa plumaxe, pero tamén polo seu vo, silueta ou canto. Ademais, visitaremos distintos hábitats nos que poderemos comprobar como varían as especies que neles habitan.

Para levar a cabo o Obradoiro, contaremos de novo coa colaboura de Findes Nos Ancares Galegos, de Becerreá (www.facebook.com/pages/Findes-nos-Ancares-galegos/1414310955477323  o  www.findesnosancaresgalegos.com ), que cederá  o seu salón para a parte teórica, ademais de darnos aloxamento e almorzo.

Becerreá, a media distancia entre as dúas máxicas Serras orientais, será así o epicentro da nosa aventura.

Desenrolo:

Sábado 16*:

 

-9:30h.: Reunión e presentación no estabrecemento hoteleiro “Os Ancares”, r/Eulogio Rosón, 29..

-10:00h.: Pequena clase teórica..

-12:30h. Ruta por Ancares: o desprazamento, dende Becerreá, será en coches particulares ( aproximadamente 30 min.). Levaremos picnic.

-19:30h.: Resolución de dúbidas na aula.

-21:30h.: Cea

Domingo 17:

 

-8:00h.: Reunión e almorzo  en “Os Ancares”

-9:00h.: Ruta por Ancares. Desprazamento en coches particulares dende Becerreá.

-15:00h.: Xantar e derradeiras cuestións.

PREZO E XEITO DE PAGO

-Dúas noites (venres 15 e sábado 16) de aloxamento en habitación dobre* en Réxime de Pensión Completa (tres comidas, almorzos e picnic) en “Os Ancares”, Obradoiros e Rutas. Prezo: 150€/persoa.

-Unha noite (sábado 16) de aloxamento en habitación dobre*, en Réxime de Pensión Completa ( picnic e cea sábado e almorzo e xantar do domingo) en “Os Ancares”, Obradoiro e Rutas. Prezo: 120€/persoa.

*: no caso de que alguén prefira habitación individual, os prezos serían: 170€/persoa ( dúas noites con PC) e 130€/persoa (unha noite con PC).

Para inscribirvos nas actividades ou ben realizar calquerira pregunta (sen compromiso), podedes contactar connosco por email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , indicando nome e nº de teléfono, ou ben chamar ó 687001304 (Marcos).

O pago  faráse “in situ”, durante o desenvolvemento da actividade. O número de prazas é limitado e por orde de inscripción.

IMPRESCINDIBLE:

-Calzado e roupa axeitados

-Prismáticos ou semellante, se dispoñedes deles.

.

Contacto:

Para calqueira tema non dubidedes contactar connosco: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou 687001304.