Outro ano máis, e coa colaboura da Asociación Micolóxica “Os Cogordos” de Ourense (www.oscogordos.com), aproveiterémo-lo final do mes de Outubro para dar a coñece-la riqueza micolóxica desta Serra e, coma non, para realizar algún roteiro por estas paraxes e mergullarnos de pleno na riqueza culinaria da zona.
Desta volta, e para un mellor desenvolvemento das actvidades, limitámo-lo el número de prazas, así que non deixedes de vos anotar. Ademais, este ano organizarémo-los grupos do sábado dependendo do voso coñocemento da materia para que a actividade sexa proveitosa para todos; para isto, cando vos inscribades, agradeceriamos que valorasedes de 1 a 5 canto considerades que sabedes de micoloxía.
As actividades destas V Xornadas Micolóxicas desenvolveránse os días 7 e 8 de Outubro polos arredores de Seoane do Courel, seguindo estes horarios:
Sábado, 7 de Outubro:
-10:00h.: Reunión no Café-Bar Pombo, na entrada de Seoane. Presentación dos grupos para a saída ó campo ( éstes serán de ó redor de 20 personas por monitor).
-10:15h.: Saída ó campo na precura dos cogumelos. Faremos unha ruta duns 3-4 Km., accesible a todo o mundo, e cunha parada no medio para xantar de campo.
-16:30h.(aprox.): Reunión de tódolos grupos en Seoane para a explicación das especies que non se puidesen identificar no campo, realización de preguntas ós monitores, consultas, dúbidas, etc.
-21:00h.(aprox.): Cea tradicional en Paderne*. Para esta cea contamos coa colaboración de Casa Caselo (www.casacaselo.com) e Casa As Triegas (www.astriegas.com). En ámbalas dúas Casas o menú incluirá productos caseiros e carnes da zona, ademais de bebidas, postres, café,... En definitiva, dous menús de luxo e, sobor de todo, de sabor. O precio desta cea será de 15€/persona ( 9€ os nenos ata 12 anos).
Domingo, 8 de Outubro:
-10:30h.: Reunión no Café-Bar Pombo.
-10:45h.: Realización dunha ruta, dirixida por Pía Paxaro (www.piapaxaro.com), na que poderemos comproba-los coñecementos adquiridos o día anterior, así coma recoller algún cogumelo para levar ás nosas casas. Ademais, claro é, aprenderemos algo dos bosques, prantas e etnografía destas montañas. A ruta será de 6-7 Km.e tamén apta para tódolos públicos ( no que a dificultade se refire).
-14:30h.(aprox.): Fin das Xornadas.
PRECIO E XEITO DE PAGAMENTO
Xornadas: 15€/persoa
(menores de 12 anos: 6€)
Para vos inscribir nas actividades ou realizar calqueira pregunta (sen compromiso), podedes contactar connosco por email a
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
, indicando nome e nº de teléfono, ou ben chamando ó: 687001304 (Marcos).
Cando formalicéde-la inscrición, tal e coma vos comentamos enriba, deberedes valorar de 1 a 5 o voso coñecemeento micolóxico, para así poder organiza-los grupos de xeito máis proveitoso para todos..
O xeito de pagamento é por ingreso ou transferencia bancaria do importe íntegro na conta de Abanca nº:
ES52 2080 5025 3330 0017 0056 Titular: Marcos Reinoso Domínguez
Reflectindo no concepto “Xornadas Micolóxicas” , así coma o nome do matriculado.
As prazas son limitadas e por orde de matriculación.
*: Tanto a cea do sábado coma o xantar do domingo son voluntarios, e se pagarán no mesmo restaurante. No momento de formaliza-la reserva agradeceriamos que nos indicasedes se estades interesados en apuntarvos ós mesmos, para poder reserva-las prazas nos restautantes respectivos.
ALOXAMENTO:
Na zona hai numerosas posibilidades de aloxamento; todos estes enlaces están na nosa web. Inda así, para calqueira dúbida sobre ubicación, precios,... contactade connosco vía email (
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
) ou móbil (687001304).
IMPRESCINDIBLE:
-Cesta de bimbio e navalla
-Calzado adecuado
-Roupa de abrigo e/ou auga
-Bocadillo, froita, auga,... para a saída do sábado 7.
-Chaleco reflectante ( recomendable).