Google+ Xornadas Micolóxicas en Becerreá ( 9 e 10 de Decembro)

Inicio  //  Axenda  //  Xornadas Micolóxicas en Becerreá ( 9 e 10 de Decembro)

Xornadas Micolóxicas en Becerreá ( 9 e 10 de Decembro)

 

 

¿Quen dixo que en Decembro xa non hai cogomelos? Pois, en colaboración con Findes Nos Ancares Galegos e contando coa presencia do micólogo José Castro Ferreiro ( membro fundador da Sociedade Micolóxica Lucus), este decembro nos achegaremos ata Becerreá, onde descubriremos algún dos recunchos máis agachados desta Reserva da Biosfera, ó tempo que disfrutamos aprendendo algo máis do mundo dos fungos e descubriremos que este mes do Nadal, tamén pode ser bo para os cogomelos en Lugo.

A zona de Becerreá é especialmente rica en cogomelos pois ós seus bosques de frondosas ( castiñeiros, carballos,...) une unha importante extensión de piñeiros e, incluso, algunha zona de aciñeiras. Ademais disto a importante presenza de rochas calizas na zona explica que non só sexa posible a abundancia de cogomelos, senón tamén unha grande variedade dos mesmos.

Desenvolvemento:

Sábado 9:

 

-9:45h.: Reunión no estabrecemento hosteleiro “Os Ancares”.  r/Euloxio Rosón, 29.

-10:00h.: Charla introductoria ó mundo dos cogomelos e os fungos, dirixida por José Castro.

-11:30h. Ruta micolóxica, na que os asistentes aprenderán in situ características morfolóxicas e curiosidades dos cogumelos.

-17:00h.: reunión no salón de “Os Ancares”, de Becerreá onde, xa con libros-guía, claves de identificación, lupas e a axuda de José Castro, desenvolveremos un pequeño obradoiro e resolverémo-las últimas dúbidas.

-21:00h.: cea de grupo*

Domingo 10:

 

-9:45h.: Reunión en “Os Ancares”

-10:15h.: Ruta dirixida por Pía Paxaro na que, ademais de descubrir algún recuncho descoñecido destas terras, poderemos practica-los coñecementos adquiridos na xornada anterior e, se é posible, levar algún cogumelo para casa.

-14:15h. Fin das Xornadas.

-14:30h.: Xantar de grupo*

PRECIO E XEITO DE PAGAMENTO

Xornadas: 20€/persoa

(menores de 12 anos: 10€)

Para vos inscribir nas actividades ou realizar calqueira pregunta (sen compromiso), podedes contactar connosco por email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , indicando nome e nº de teléfono, ou ben chamando ó: 687001304 (Marcos).

O pagamento da cuota de matriculación se fará “in situ”, no momento no que se inicien as actividades.

As prazas son limitadas e por orde de matriculación.

*: Tanto a cea do sábado coma  o xantar do domingo son voluntarios, e se pagarán no mesmo restaurante. No momento de formaliza-la reserva agradeceriamos que nos indicasedes se estades interesados en apuntarvos ós mesmos, para poder reserva-las prazas nos restautantes respectivos.

Aloxamento:

O estabrecemento hoteleiro oficial das Xornadas é “Os Ancares” , que recentemente abriu as súas portas en Becerreá, que nos cederá o seu salón para o desenvolvemento das mesmas.

Para os que se anoten ás rutas, este estabrecemento fará descontos especiais. Tódolos prezos inclúen os almorzos:

-Dúas noites en habitación dobre ou de matrimonio:  35€/ habitación e noite.

-Dúas  noites en habitación individual: 25€/noite.

-Unha noite en habitación de matrimonio: 45€.

 

Para a xente que durma xa o venres en “Os Ancares”, habería a posibilidade de facer unha cea conxunta nese día; ademais, faremos unha charla de presentación das Xornadas e mais das actividades que imos desenvolver.

Se queredes coñecer máis detalles dos descontos, non tedes máis que chamar ó  610449673 (Agustín) ou contactar con eles a través do seu Facebook, web ou correo electrónico:

www.facebook.com/pages/Findes-nos-Ancares-galegos/1414310955477323.

www.findesnosancaresgalegos.com

Mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

IMPRESCINDIBLE:

-Cesta de bimbio e navalla

-Calzado adecuado

-Roupa de abrigo e/ou auga

-Bocadillo, froita, auga,... para a saída do sábado 9.

-Chaleco reflectante ( recomendable).

Contacto:

Para calqueira tema non dubidedes en poñervos en contacto connosco: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou 687001304 ou .610449673.

Ponte de Decembro:

 

Ademais, para os que queiran, aproveitarémo-la Ponte para, partendo do Aloxamento, facer rutas guiadas polos Ancares e O Caurel do día 6 ó día 8; nestas, daremos a coñecer a riqueza etnográfica, paisaxística, botánica, etc. da zona. Podedes apuntarvos a todas ou algunha das rutas, independentemente das Xornadas Micolóxicas; o prezo das rutas sería de 10€/persoa e día ( nenos menores de 12 anos de balde).

 

Para os que queiran anotarse a estas rutas e se aloxen en “Os Ancares”, o estabrecemento porá prezos especiais, incluíndo almorzos:

 

-Cinco noites en habitación dobre ou de matrimonio: 150€/habitación

Calqueira cuestión que teñades sobre prezos, rutas, etc., non dubidedes consulta´rnola sen compromiso algún.

Informáticos en Galicia Guia sobre o Courel Móviles en oferta Guia sobre o Courel