Google+ Curso Ornitoloxía

Inicio  //  Axenda  //  Curso Ornitoloxía

Curso Ornitoloxía

OSCAR RIVAS LÓPEZ

Licenciado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, é secretario da Asociación Galega de Custodia do Territorio e da Asociación para o Estudo e Conservación da Biodiversidade “Numenius”. É presidente do foro estatal de Redes de Entidades de Custodia do Territorio e da Sociedade Galega de Ornitoloxía. Tamén é autor de numerosos artigos e informes sobre ecoloxía e conservación de especies ameazadas e espacios naturais de interese na provincia de Lugo. Coordinador en Lugo do Programa de Seguimento de Aves Comúns Reproductoras (SACRE) impulsado por SEO/BirdLife.

Obxectivo do curso

O curso está dirixido a persoas interesadas en iniciarse na observación e identificación das aves comúns ou avanzar cara a identificación polo seu canto. Estará centrado fundamentalmente nas aves forestais presentes nas montañas orientais de Galicia.

Programa

Sábado, 4 de maio

-10 : 30 h. Iniciación a identificación de aves

-12:00 h. Descanso

-12:30 h. Iniciación á identificación de aves polo canto

-14:00 h. Descanso

-17:00 h. Saída guiada-interpretativa para ver aves e identificar cantos (I)

Domingo, 5 de maio

9:00 h. Saída guiada-interpretativa para ver aves e identificar cantos (II)

14:30 h. Remate

Prezo* e xeito de pago

O prezo* do obradoiro será de 25€/adulto e 10€/menores de 14 anos e pagaráse “In situ”, durante o desenvolvemento das actividades.

*: o 20% destinaráse ás accións de conservación que a AGCT leva a cabo na Serra de O Courel