Google+ Pia Paxaro - Empresa rexistrada na Consellería de Cultura e Turismo co código: NR-LU-256

Inicio

Xornadas Micolóxicas 2017 en Campa da Braña (Ancares)

 

¿Quen non quere pasar unha fin de semana nunha das paraxes máis incribles da Península, na que só rachan o silencio as chocas das vacas?, ¿alguén non querería saír pasear en outono por un corido bosque de frondosas acompañado dun dos micólogos máis recoñecidos de Galicia?, ¿quén, en definitiva, non quere facer unha pausa no día a día e adentrarse en Os Ancares en Setembro-Outubro e amplia-los seus coñeocementos no mundo dos cogomelos, ó tempo que recupera forzas nunha boa mesa?

Pois para todos eses ós que vos apetece, este ano unimo-las nosas forzas de novo o Mesón-Aloxamento Campa da Braña(osancares.org/), que ofrecerá hospedaxe e boa mesa, Pía Paxaro (www.piapaxaro.com), que vos guiará polos sendeiros de Ancares e o micólogo José Castro Ferreiro (membro fundador da Sociedade Micolóxica Lucus), que porá a súa sabedoría e maila súa capacidade divulgadora á vosa disposición. As montañas e os bosques de frondosas e piñeiros de Ancares farán o resto.

Desenvolvemento:

Sábado, 30 de Setembro:

-9:45h.: Reunión en Mesón Campa da Braña.

-10:00h.: Charla introductoria ó mundo dos cogomelos e os fungos, dirixida por José Castro.

-11:00h. Ruta micolóxica  dirixida por José Castro, na que os asistentes aprenderán in situ características morfolóxicas e  mais curiosidades dos cogomelos.

-17:30h.(aprox.): reunión no salón de Campa da Braña onde, xa con libros-guía e coa axuda de José Castro, resolverémo- las últimas dúbidas.

-18:30h.: Pequena degustación*.

.-21:00h.: cea.

Domingo, 1 de Outubro:

 

-9:45h.: Reunión en Campa da Braña.

-10:15h.: Ruta dirixida por Pía Paxaro na que, ademais de descubrir algunha paraxe descoñecida destas terras, poderemos poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante a xornada anterior.

-15:00h. Fin das Xornadas**.

Prezo:

O Mesón-Aloxamento Campa da Braña, situado no mesmiño corazón dos Ancares galegos,  dispón de literas, amplas habitacións con baño compartido e incluso un apartamento e, para que o prezo no sexa excusa, temos estabrecido unhas tarifas especiais, que son as seguintes. Todas elas inclúen a asistencia ó Taller de Micoloxía, as rutas guiadas e mailo aloxamento unha ou dúas noites en réxime de media pensión ( cea con productos caseiros e almorzo completo):

Prezo por persoa en réxime de media pensión (almorzo e cea) + Rutas + Taller Litera Habitación Dobre Habitación Individual
1 noite 35,00 € 40,00 € 48,00 €
2 noites 60,00 € 70,00 € 86,00 €

En apartamento: consultar.

No caso de que algún queira asistir unicamente ás Xornadas Micolóxicas ( sábado e domingo), sen aloxamento nin comidas, o prezo das mesmas será de 20€/persona (10€ para os menores de 12 anos).

Durante a ruta do sábado comeremos de picnic; hai posibilidade de encarga-lo mesmo en Campa da Braña por 5€/persona (bocadillo, dúas pezas de froita e auga). Os que o queirades, avisade para poder encarga-lo pan.

*: Tódolos cogomelos que se consuman durante a degustación serán comestibles de boa calidade; os organizadores declinarán calqueira responsabilidade no caso de que algún dos participantes sexa alérxico ou intolerante a algún deles.

 **: Como a ruta do domingo a remataremos ás 15:00h., podemos facer un xantar de grupo de despedida. O prezo do mesma sería de 12€/persona.

Todos estes prezos non inclúen as consumicións que se tomen durante a degustación ou fóra dos horarios de comidas e/ou almorzo.

Reserva e consultas:

O número de prazas é limitado, así que para face-la vosa reserva de praza e aloxamento, ou simplemente realizar algunha consulta, chamade ó: 982 181 135 o 619 111 583 (Pedro).

Se queredes consultar algo sobre as rutas ou o taller: 687001304 (Marcos) ou correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

IMPRESCINDIBLE:

-Cesta de bimbio e navalla

-Calzado adecuado

-Roupa de abrigo e/ou auga.

-Picnic para o sábado ( bocadillo, froita, froitos secos, auga,...)

-Chaleco reflectante ( recomendable).

Xornadas Micolóxicas